Aqui Portugal

Na parte 5 minuto 21:57Pódese ver a entrevista rtp. Alberto Geada Val http://www.rtp.pt/play/p2232/e253579/aqui-portugal/527904

AUMENTA O NÚMERO DE VISITAS AO CASTELO DO CASTRODOURO DURANTE O VERÁN DE 2016

turismoCon motivo da celebración do día internacional do Turismo, a Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz fai públicos os datos relativos ás actividades de promoción e información turística levadas a cabo nos últimos meses. Os datos foron presentados o pasado fin de semana no hotel rural Casa Franco de Alfoz, nunha reunión na que participaron Ana Pena Rouco e Noelia Anaí Coto Doval, responsables da Oficina de Turismo, o zoqueiro local Alberto Geada, e o Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas, responsable da Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz. A intención da reunión foi facer un repaso das actividades levadas a cabo durante os pasados meses, así como do número e a procedencia dos visitantes recibidos ao longo de todo o verán 2016, no Castelo Castrodouro. Desde o pasado 19 de marzo, o Concello de Alfoz reabriu as dependencias do Castelo do Castrodouro durante os fins de semana e festivos, ampliando este horario durante os meses de xullo e agosto, período no que permaneceu aberto de luns a domingo. Nas instalacións do castelo está aberta a Oficina de Información Turística, que está preto de recibir o visitante 5.000, sendo os meses de maior afluencia os de xullo e agosto, meses con maior actividade no castelo e cando mais turistas visitan as terras de A Mariña, aumentando nun 22 % o número de visitas respecto ao ano anterior. No mes de xullo a afluencia de visitantes ascendeu a 1031 persoas. Segundo a procedencia, as máis numerosas foron de Galicia (405), Asturias (249) e Madrid (190); e séguenlles en cifras parecidas outras comunidades autónomas como Cataluña (37), País Vasco (36), Andalucía (34), Castela e León (28), entre outras. As comunidades menos presentes foron Murcia (2), Ceuta e Melilla (2), ou Navarra (4). En canto a turistas de outras partes do mundo, viñeron un total de 28 persoas; con procedencia variada: Alemaña, Arxentina, Austria, Francia, EEUU, Perú e Suíza. Aínda que a cifra total ascende a 1031 visitas, débese ter en conta a celebración do XVIII Mercado Medieval, levado a cabo o venres 15 e o sábado 16 de xullo, días de portas abertas do Castelo de Castrodouro, polo que non existe rexistro de visitantes, e que foron, sen dúbida, o días de maior afluencia de toda a época estival. Respecto ao mes de agosto, foi o mes con máis visitantes rexistrados, sumando un total de 1731 persoas. Seguindo o mesmo patrón de procedencias que no mes anterior, Galicia foi a comunidade máis presente con 775 visitantes, seguida de Madrid (487), Cataluña (95), Asturias (67), Castela e León (62), País Vasco (61) e Andalucía (44). As menos frecuentes, foron comunidades como Illas Canarias (2), A Rioxa (3), ou Navarra (6). Neste caso, o número de turistas internacionais foi de 26, e as procedencias diferentes ás do mes anterior: Corea, Francia, Holanda, Israel, Italia, Líbano, e Noruega. Aparte da recepción e información de visitantes no castelo, a marca Alfoz estivo presente en diferentes lugares como a Cidade da Cultura de Santiago, Vigo, Celanova, O Cebreiro, Castroverde, O Valadouro, Burela, Viveiro, Arenas de Cabrales, Potes, Riaño, Santillana del Mar, Madrid, Nantes e Kermorvan, entre outras, a través do convenio de esponsorización asinado con Alberto Geada. Actualmente, o Concello de Alfoz está a desenrolar unha aplicación informática para dispositivos móbiles, destinada á información e localización dos recursos turísticos de Alfoz. Esta aplicación xeolocaliza aos usuarios en tempo real o que lle permite situar a súa posición sobre os puntos de interese máis próximos. A aplicación vai acompañada dun acceso directo desde a páxina do concello que permite o coñecemento dos recursos e servizos que se ofrecen antes de realizar a visita (que visitar, onde comer, onde aloxarse…). Ademais desta aplicación, tamén se colocará un directorio de recursos e indicadores para a sinalización do castelo en diferentes estradas de acceso a Alfoz. De cara ao vindeiro ano, estase a deseñar un novo folleto de información turística e, debido á boa acollida que está tendo a figura de Sargadelos da torre do Castelo do Castrodouro, estudaranse novos produtos para a promoción turística do Concello de Alfoz.

Complejo turístico Alfoz excursiones.

visitas   Tenemos los mejores restaurantes de la costa Cantábrica Lucense  a nuestra  disposición.  Expecialidad excursiones, reserve en esta web en el apartado de museo.Visitas guiadas, exhibiciones, proyecciones, narración son algunas de las posibilidades que ofrecemos. Lo cercano y lo extraño, lo pequeño y lo enorme, para soñar con otros mundos y otros tiempos. La visita se convierte en una ocasión especial para desempolvar nuestra curiosidad y divertirnos sin gastar mucho dinero.

Exhibición do zoqueiro Alberto Geada no mercado mariñeiro en Muros.

Mercado mariñeiro Muros O mercado mariñeiro de Muros recordando ós zoqueiros. O  calzado primitivo de madeira sempre estivo presente na xente do mar. O Museo das zocas agradece ó concello e ós organizadores do mercado mariñeiro de Muros  a súa gran aportación  para o desenvolvemento da cultura galega.

A mariña lucense

A mariña lucense

Visitante 1000 Museo das zocas

Museo das zocas espera  su visitante 1000. La maquinaria comienza a funcionar, Alberto Geada  sabía que necesitaba con urgencia una nueva carrocería para poder recorrer el largo camino comenzado hace 13 años.  El gran esfuerzo realizado en estos años no podía estar esperando más tiempo el abandono y la falta de interés del anterior proyecto.  Exitosa puesta en marcha. La combinación entre el Castillo Castro de Ouro en Alfoz  y las ZOCAS (el gigante cultural  que vuelve a estar de moda en el   s.XXI) aportan una nueva expectativa para el ocio en la Mariña Lucense. 

Alfoz

http://www.concellodealfoz.com/amplia/58/alfoz-presente-na-festa-da-reconquista-de-vigo.html  

Museo das Zocas, os grupos de visitantes teñan concertado con 24 horas de antelación.

Coa intención de fomentar o turismo en grupo e para que o visitante poda ter unha atención personalizada de calidade museística, Alberto Geada Val atenderá, de forma puntual, o Museo das Zocas a petición do Concello de Alfoz, sempre que os grupos de visitantes superen as 10 persoas e se teña concertado con 24 horas de antelación.

Zocas fashion made in Alfoz

http://www.vtelevision.es/informativos/informeenv/2016/03/04/0031_4786017119001.htm Zocas fashion made in AlfozDar visibilidad a un oficio tradicional, recuperar un calzado patrimonial y al mismo tiempo conquistar las pasarelas internacionales es el reto que en el mundo de la moda ha conquistado Alberto Geada. En su taller elabora colecciones que ya han pisado los salones de la moda más conocidos, siguiendo fiel a la técnica artesana. Próximamente inaugurara el Museo das Zocas en Alfoz.  

Mercado da primavera & festa das zocas 2016

Mercado da primavera & festa das zocas.Sinceramente, hace muchísimo tiempo que no me subo a las zocas de mi abuela. Han quedado en casa como recuerdo de tradiciones que ya no viven las nuevas generaciones. Pero en Ferreira do Valadouro el calzado clásico gallego cobrará hoy una revalorización Mercado Tradicional Anual de Primavera, que organiza el Concello. Sábado 19 de Marzo 2016  ¡¡¡¡¡¡¡¡¡todos en zocas!!!!!!!!!! FERREIRA ESTALA.