Presentación en Mondoñedo, As zocas que saíron  na película a Esmorga.

As zocas que saíron  na película a Esmorga.

presentacion a esmorga mondoñedo
a ESMORGA é unha longametraxe inspirada na novela de

Eduardo Blanco Amor do mesmo título, publicada en Bos Aires

en 1959 e censurada en España ata 1970; unha das obras

narrativas máis representativas da literatura galega e

universal.

Crónica tensa e intensa de vintecatro horas na vida de tres

homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro

de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van pechando

portas tras de si e guindando coas chaves, como para non

querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.

A ESMORGA conta cuns valores de produción importantes

como traducidos a traxectoria e actualidade do seu director

e os seus protagonistas, que, sen dúbida, se verán traducidos

en espectadores e relevancia mediática.