XXV edición da Festa de dá Faba de LourenzáAlberto Geada estará presente na festa da faba de Lorenzana facendo unha exhibición de zoqueiro o sábado é  domingo de 12:30 a 14:00. Tamén o concello  facilitoulle as 7 variedades de faba máis coñecidas do val de Lorenzá.

A exposición permanecerá ao longo de toda as xornadas de sábado a domingo no  Claustro Mayor del s. XVII de estilo clasicista combinando arte, tradición, cultura do calzado da zona como son as zocas que Alberto fai para ambientar o gran evento.

Cada zoca levará o nome das seguintes variedades de faba; verdina, galaica,  caldo, pinta, canela,  negritas  e tambores amarelos. No interior da zoca asentarase un quilo de cada variedade de faba.

 A relación entre Lorenzá  e o zoqueiro Geada vén xa desde hai moitos anos cando Alberto Geada acompañaba ao seu pai  Secundo Geada que  vendía nos pequenos comercios do val Laurentino, acórdome da  zapatería Emiliano e  Charlo, comercios de Dina estes  no pobo,  logo en San Adriano librería paca e  Santo Tome  ultramarinos Gaioso.  O modelo de zoca máis utilizado na zona é zoca rasa de zapatilla.

 O cartel da XXV edición da Festa de dá Faba de Lourenzá, obra do artista alfocés Hipólito Xeada, os seus personaxes levan zocas.

Neste 25 aniversario as zocas eh as fabas volven  axuntarse , gran festa do  producto local de gran calidade.